Quantcast
Channel: Apelidos de Galicia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2502

Meizoso

$
0
0

Novos datos do A.R.G. do apelido Meizoso


1 - Conta e partilla entre os herdeiros que quedaron de Antonio de Meizoso e do seu primeiro e segundo matrimonio . 1736.
2 - Preito de partilla que litiga Baltasar Prego de Montaos como apoderado de Pedro Antonio e Juan Antonio Vázquez, Juan de Meizoso, Juan López e outros con Pedro Vázquez e Francisco de Beiro, sobre o lugar de Fontenova . 1745.
3 - Conta tutelar que rendiron Ramón do Outeiro e a súa muller, Manuela Rodríguez, ós fillos e herdeiros de Apolinario Meizoso, o primeiro marido de Manuela . 1786.
4 - Isidro Piñeiro, mestre chocolateiro, veciño de Ferrol, con Antonio Meizoso, por incumprimento de contrato de aprendizaxe . 1789.
5 - Caietano de Lamas, veciño de Santa María de Naraío, con Luis Antonio Calvo e Antonio Meizoso sobre a entrega dos bens que lle venderon en Abelleira . 1792.
6 - Luis Antonio Calvo, veciño de Santa María de Naraío, con Cosme de Meizoso, pola partilla dos bens de María Calvo, defunta, muller que foi de Cosme . 1792.
7 - Isabel de Lema, veciña de Ferrol, contra Antonio Meizoso, por inxurias . 1794.
8 - Pedro Rodríguez, veciño de San Paio de Ferreira, con Juan Meizoso sobre recobro de bens . 1801.
9 - O oficio da xustiza de Ferrol contra Sebastián Fachal López e outros sobre os malos tratos causados a Antonio Meizoso . 1802.
10 - Antonio Meizoso, veciño de Ferrol, solicita ó gobernador político e militar licenza para abrir unha tenda de comestibles na rúa San Francisco . 1803.
11 - Antonio Meizoso, mestre chocolateiro, veciño de Ferrol, con José Antonio Rodríguez Barbeito, sobre pago de marabedíes e máis que contén . 1803.
12 - Conta, separación e partilla dos bens fincables de Juan de Meizoso, veciño de San Pedro de Anca, entre a súa viúva, Dominga Rodríguez e os seus fillos . 1803.
13 - Conta, separación e partilla dos bens fincables de Juan Meizoso e da súa muller, Antonia Vizoso, veciños da xurisdicción de Naraío, entre os seus fillos e herdeiros . 1803.
14 - José Rodríguez, arrendatario dos dereitos de sisa de viño, augardente e licores deste couto de Narón, con Antonio Meizoso e outros por impago de impostos . 1805.
15 - Francisco Calvo, veciño de Santa María de Naraío, con Antonio Meizoso como titor e curador dos menores de Cosme Meizoso, sobre posesión de bens . 1806.




Publicado ou modificado o 9 de Setembro do 2017 as 12:58 horas por Dinuciña

Viewing all articles
Browse latest Browse all 2502