Quantcast
Channel: Apelidos de Galicia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2502

López

$
0
0

Nuevos datos del Archivo del Reino de Galicia (ARG) del apellido López


1 - O mosteiro de Santa María de Sobrado arrenda a Miguel Peláez, Urraca Muñiz, súa muller, Pedro López e a súa, a herdade que posuía na graña de Xanrozo para plantar viña . 1269.
2 - Pedro López doa ao mosteiro de Santa María de Monfero cantos bens posúe en Callobre, agás o quiñón dunha casa . 1282.
3 - O mosteiro de Santa María de Monfero arrenda a Afonso López unha casa no castro de Betanzos . 1289.
4 - Juan Alfonso doa a Martín López, monxe de Santa María de Monfero, a metade dunha casa . 1304.
5 - Pedro Peláez, abade do mosteiro de Santa María de Monfero, e Diego López, crego de San Mamede de Momán confirman unha escritura de convenio dos seus predecesores . 1305.
6 - Juan López vende ao mosteiro de Santa María de Monfero unha parte da viña da Pardiñeira . 1340.
7 - Martín Díaz do Lago vende a Gonzalo López Dozón e a súa muller, Elvira Eans, as herdades nas vilas de Castelo, Dozón e Quintans en San Martiño de Dozón, por prezo de dez libras brancas. . 1348.
8 - Gonzalo López Dozón, escudeiro, recibe a posesión dos bens dos bens que María Pérez, dita a zapateira, moradora en Muro, tiña en Sesnande e na freguesía de S. Cibrao de Vilastes, en virtude dunha venda que ela lle fixera. . 1350.
9 - Pedro de Vilar, no seu nome e no de Xoán Pedreiro e Elvira de Villar, desembargan a Gonzalo López Dozón, xuíz de Postomarcos, e a súa muller, Elvira Eans, os bens en Vilar Dozón e Vila de Quintáns, e os que Xoán Pedreiro e Elvira de Villar teñen en terra de Nemarcos . 1356.
10 - Gonzalo López Dozón e a súa muller, Elvira Oans, aforan a Juan Lourenzo e a súa muller, María Lourenza, un muíño no lugar de Pontellas, por renda de cincocentos maravedís de diñeiros brancos, a pagar a metade por San Xoán de Xuño e a outra metade polo nadal, e un xantar de pan, viño e carne . 1358.
11 - Pedro Eans Davellote, marido de María Fernández, moradores na fregresía de Santa Comba de Louro, vende a González López Dozón e a súa muller, Elvira Eans, unha herdade en San Salvador de Catoira. . 1363.
12 - Gonzalo López Dozón, xuíz de Postomarcos que requiriu a Pedro Miquez, xuíz da Poboa [ do Deán ], para que embargue os bens de Xoán Lourenzo e María Lourenza . 1364.
13 - Ares Pérez de Ruíz vende a Gonzalo López Dozón o casal de Pastoriza, na fregresía de San Salvador de Taragoña, terra de Postomarcos, por prezo de 400 maravedís de moeda branca. . 1371.
14 - Juan López de Creo, xuíz de Bergantiños, da a Gonzala Gómez e aos seus irmáns a posesión do lugar de Sabugueira, na freguesía de San Paio . 1372.
15 - Johan Núñez de Isorna, escudeiro, doa a Gonzalo López Dozón, o seu curmán, escudeiro, tódolos dereitos no lugar de Castro, freguesía de Santa Baia de Dumbría, por razón das débedas que Gonzalo Alvela tiña con Gonzalo López Dozón . 1376.




Publicado o modificado el 7 de Agosto de 2020 a las 12:30 horas por Dinuciña

Viewing all articles
Browse latest Browse all 2502