Novos datos do A.R.G. do apelido Eans
1 - Juan e Domingo Eáns venden ao seu primo Paio Arteiro e a Urraca Pérez unha metade e a Domingo Eáns de Borreiros a outra metade da herdanza da súa nai en Borreiros, freguesía de San Pedro [de Soandres], por vinte soldos 1292.
2 - Xoán Fernández promove unha querela contra o xuíz Fernando Eáns de Banga por ter entrado a cabalo, armado e con xente de armas, ter forzado casares e tomado o froito dunha viña preto de Santa Baia de Banga 1292.
3 - Afonso Eáns de Salceda e Dominga Eáns dotan á súa filla Maior Afonso, monxa en Belvís, cun casal en Vilarmeao, freguesía de San Miguel de Cerceda, e outro en Salceda, freguesía de San Breixo de Ferreiros, e duascentas libras pequenas demoeda 1315.
4 - Aldonza Afonso, muller de Fernán Fernández Domiancos, Roi Gómez de Borragueiros e Martín Fernández de Moredo, como titores gardadores de Fernán Eans, fillo de Fernán Fernández e Aldonza Afonso, outorgan poder como procurador a favor de FernánMartínez de Xunqueiras, clérigo, para defender os bens e dereitos do devandito Fernán Eans en Postomarcos. 1321.
5 - María Pérez, veciña de Salvaterra afora a Pedro Eans, dito dos Santos, e a súa muller, María Alfonso, a súa casa sita na Rua de Oleiros, por renda en cada ano de trinta e seis libras de diñeiros portugueses 1323.
6 - Gonzalo Eáns Becerra e a súa muller Aldara Pérez doan ao mosteiro de San Pedro de Soandres o casal e herdades do Bieiteiro e o mosteiro arréndalles durante vinte e nove anos a renda que tiña pola metade da igrexa de San Román dasEncrobas 1325.
7 - Maior Eans de Castro vende a Rui Topete unha metade e ao seu irmán Martín Topete a outra metade da sexta parte dun souto e unha parte dun casal en San Salvador de Vilouzás 1333.
8 - Fernán Eans e María Fernández venden a María Yáñez da Estoira e aos seus fillos a viña da Gilvira, en San Vicente de Armea 1335.
9 - Martín Díaz do Lago vende a Gonzalo López Dozón e a súa muller, Elvira Eans, as herdades nas vilas de Castelo, Dozón e Quintans en San Martiño de Dozón, por prezo de dez libras brancas. 1348.
10 - Pedro de Vilar, no seu nome e no de Xoán Pedreiro e Elvira de Villar, desembargan a Gonzalo López Dozón, xuíz de Postomarcos, e a súa muller, Elvira Eans, os bens en Vilar Dozón e Vila de Quintáns, e os que Xoán Pedreiro e Elvira de Villarteñen en terra de Nemarcos 1356.
11 - Pedro Eans Davellote, marido de María Fernández, moradores na fregresía de Santa Comba de Louro, vende a González López Dozón e a súa muller, Elvira Eans, unha herdade en San Salvador de Catoira. 1363.
12 - Pedro Eáns, chamado Melgueiro, e o seu irmán Lopo venden ao mosteiro de Santa María de Monfero unha leira en Margá, freguesía de Santa María de Labrada, por setecentos cruzados 1374.
13 - Pedro Rodríguez e María Fernández venden a Juan Pérez do Redondo unha propiedade en Golmeiros e Pedro Eáns a Juan Pérez das Cortizas outra tamén na freguesía de San Xulián de Carantoña 1383.
14 - Gonzalo Martínez da Castiñeira vende a María Afonso, muller que foi de Rodrigo Eans de Codeseda, a metade dun tarreo por oito marabedís 1385.
15 - Juan González vende a María Afonso, viúva de Rodrigo Enes de Codeseda, a cuarta parte dun tarreo por vinte marabedís 1385.
Publicado ou modificado o 17 de Maio do 2013 as 20:43 horas por Dinuciña